mércores, 21 de xuño de 2023

XINCANA "AMAR O MAR" / FESTA FIN DE CURSO

 O mércores 21 de xuño, alumnado e mestres participaron na XINCANA "AMAR O MAR".

Nada máis chegar ao colexio, o alumnado subiu ás aulas para vestir as camisetas que preparou o ALUMNADO DO VOLUNTARIADO. Ás 09.45h xuntámonos todos no vestíbulo. Aquí, o tribunal foi nomeando a cada un dos membros dos OITO GRUPOS para forman a xincana. 

Os grupos están formados por 14/15 nenos e nenas de edades comprendidas entre 4º de Infantil e 6º de E.P. 



mércores, 10 de maio de 2023

LIMPEZA DA PRAIA DOS MUÍÑOS

O mércores 10 de maio visitounos, de novo,  a Asociación Amicos, que traballa pola integración de persoas con discapacidade intelectual. 

Neste caso, a actividade que se vai desenvolver é a limpeza da praia dos Muíños. Participa o alumnado de 1º a 6º E.P.

A actividade realízase en dous grupos: 1º- 2º- 4º E.P. pola mañá; 3º- 6ºE.P. pola tarde. 

Unha vez máis, o noso agradecemento e felicitación á Asociación Amicos. 

Premendo na imaxe, accederás ás fotos da actividade. 👍

xoves, 4 de maio de 2023

VISITA A STOLT SEA FARM ( CAMARIÑAS)


O 4 de maio, o alumnado de 3º E.P. desfrutou dunha visita guiada na granxa de rodaballo de STOLT SEA FARM en Camariñas. Coñeceron as instalacións da granxa de acuicultura e o funcionamento da mesma. 


Premendo na imaxe, accederás ás fotos da actividade 👍

martes, 25 de abril de 2023

"LA ARTESANÍA QUE NAVEGA A SOTAVENTO" ( PRENSA - ESCUELA)

O alumnado de 5º E.P., no xornal do 26 de abril, atoparon unha noticia interesante relacionada co PDI deste curso "AMAR O MAR".


Para acceder á actividade, preme na imaxe 👍

venres, 21 de abril de 2023

"MARatón DE LECTURA" ( CELEBRACIÓN DÍA DO LIBRO 2023)

Celebramos o Día Internacional do Libro o venres 21 de abril cun maratón de lectura no que participou alumnado de 1º a 6º E.P., mestres e persoal non docente.  



A lectura protagonista foi:

A actividade desenvolveuse na biblioteca. Hai quendas de lectura e de escoita. Nas de lectura participa o alumnado, mestres e persoal non docente que se apuntaron de forma voluntaria. Nas de "escoita", o grupo completo. 
Alumnado de 2º E.P. le, 3º E.P. escoita ( 10.30 - 10.45h)
Alumnado de 4º E.P. le, 2º E.P. escoita ( 10.50 - 11.10h)
Aurelia, Pili Blanco e Pablo len, Infantil escoita ( 11.15 - 11.30h.)
Alumnado de 3º E.P. le, 1º E.P. escoita ( 12.15- 12.30h)
Alumnado de 1º E.P. le, 6º E.P. escoita ( 12.35 - 12.50h.)
Alumnado de 5º E.P. le, 4º E.P. escoita ( 15.00 - 15.15h)
Alumnado de 6º E.P. le, 5º escoita ( 15.15 - 15.30h)

O comedor do colexio súmase sempre a esta celebración preparando un delicioso menú relacionado co PDI anual.
 
O noso agradecemento a todos e a todas que fixéchedes que isto fora posible.