martes, 29 de novembro de 2022

VISITA AO MUSEO DA PESCA ( FISTERRA)

O alumnado de 1º, 2º e 4º E.P. visitou o pasado 29 de novembro o MUSEO DA PESCA de FISTERRA.

Saíron do colexio sobre as 10.00h da mañá, en autobús, con moita ilusión por visitar o Museo da Pesca tamén coñecido como o Museo do Mar situado no castelo de San Carlos

A visita fíxose en dúas quendas: 1º-2º E.P. de 10.30h a 11.30h e 4º E.P. de 11.30h a 12.30h.

No museo tiveron o gusto de coñecer ao guía,  Francisco Manuel López, mariñeiro e poeta que lles contou con moita paixón e entusiasmo os pormenores das artes da pesca. 

Premendo en cada unha das imaxes, accederás ás fotos da actividade.

1º2º E.P.















4º E.P.

Ningún comentario:

Publicar un comentario