O 9 de decembro, o alumnado de Primaria tivo un encontro con Rubén Prieto Tomé, practicante de deportes de auga como surf, windsurf, vela... e dono dunha escola de surf da Costa da Morte.
Organizou a actividade Vanesa, a mestra de Educación Física, que traballa este curso escolar o proxecto "Desfrutar do mar" ( PDI "Amar o mar").
O encontro tivo lugar no ximnasio. Realizouse en dúas quendas:
1º-2º- 3º E.P. (14.30 - 15.15h); 4º-5º-6º E.P. ( 15.30- 16.15h).
Rubén Prieto, como experto en seguridade do mar e no coñecemento do mesmo, doulles información moi importante para
"Desfrutar do mar".
Premendo nas imaxes, accederás ás fotos da actividade.
4º-5º- 6º E.P.
Ningún comentario:
Publicar un comentario