xoves, 15 de decembro de 2022

"NADAL NO MAR"

Como son tempos de Nadal, a biblioteca propuxo unha actividade colaborativa para darlle forma á nosa árbore "NADAL NO MAR".

PROPOSTA:

1.- Base da árbore: rede verde colocada en forma de árbore.

2.- Decoración: Adornar a árbore con imaxes representativas de cada un dos proxectos, a nivel de grupo. Escribir na imaxe o título do proxecto e decorala.

3.- Datas: semana do 12 ao 15 de decembro.

Grazas á colaboración de todo o alumnado e mestres, así luce a nosa árbore.

Aquí tedes o vídeo da actividade:
Premendo en cada unha das imaxes, accederás ás fotos da actividade ( traballo nas aulas). 
4º INFANTIL: "NAVEGAR O MAR"
5º6º INFANTIL: "IMAXINAR O MAR"
1º E.P.: "VIVIR NO MAR"
"VIVIR AO PE DO MAR" ( 2º E.P.)
"PINTAR O MAR" ( 3º E.P.)
"VIVIR DO MAR" ( 4º E.P.)
"NAUFRAGAR" ( 5º E.P.)
"COIDAR O MAR" ( 6º E.P.)
"CANTAR O MAR" ( MÚSICA)
"DESFRUTAR O MAR" ( E. FÍSICA)
"ESCRIBIR O MAR" ( RELIXIÓN)

Ningún comentario:

Publicar un comentario